Ardeiro.AI

Formación a medida

Aprende a manexar o teu negocio coas ferramentas que case ninguén exprime

Notion, Airtable, Claude, ChatGPT, Make, HubSpot, axentes de IA... ferramentas potentes e sinxelas que che aforran horas. Vou ao teu negocio, configúrochas cos teus datos reais e ensínoche a usalas. En persoa e ao teu ritmo.

Presencial en Galicia

Cara a cara, no teu negocio

Prefiro a formación presencial: vou ao teu local, sentámonos cos teus datos de verdade e saes sabendo usar a ferramenta, non cunha teoría que esqueces á semana. Movémonos sobre todo polos arredores de Santiago, Negreira, Vilagarcía e Pontevedra, pero con algo de marxe de tempo programamos formacións en toda Galicia.

Tamén en remoto se che queda lonxe.

Para quen é

Para quen quere aprender, non depender.

  • Autónomos e negocios locais que oíron falar destas ferramentas pero non saben por onde empezar.
  • Quen quere deixar de depender doutros para tarefas que podería resolver por si mesmo cun pouco de axuda.
  • Quen necesita unha man para arrincar, pero quere aprender a manexalo pola súa conta e medrar só.
  • Quen xa ten algo montado e quere aprender a tocalo e amplialo pola súa conta.

Tres formas de traballar comigo

Ti decides canto queres meter as mans.

Só formación

Un día coa ferramenta que che interesa

Claude ou ChatGPT, Notion, Airtable, Holded... Escolles a ferramenta e dedicámoslle unha sesión enteira: instalala, configurala co teu negocio e aprender a usala de verdade. Non automatizo nada por ti, ensínoche a facelo ti.

Desde media xornada ata o que precises.

Monto e ensino

Déixocho funcionando e aprendes a voar só

Móntoche o que precises (un CRM en Airtable, a túa información en Notion, unha automatización) e, cando xa o tes funcionando, dedicamos unha sesión a que aprendas a crear as túas propias táboas, documentos e fluxos. Deixas de depender de min para cambialo.

Formación enriba dun proxecto feito por min.

Feito para ti

Prefires non tocar nada? Móntocho eu

Se só queres que funcione e non che apetece aprender, esa é a oferta principal de Ardeiro: analizo o teu negocio, móntoche a automatización e déixocha lista. A explicación de como usala vai incluída.

Esta é a parte de automatizacións de Ardeiro.AI.

Ver como traballo

Non sabes que che faría falta?

Iso tamén é parte do que facemos: miramos o teu negocio, vemos que ferramentas que aínda non coñeces che aforrarían tempo e propoñémosche un plan. Sen compromiso.

Falamos?

Cada negocio é distinto. Cóntame o teu.

Dime a que te dedicas e que che gustaría aprender ou resolver, e respóndoche cun plan e un orzamento sen compromiso.

Respóndoche persoalmente. Nada de respostas automáticas.