Automatizacións á medida
Automatizacións á medida para autónomos e pemes
Se o fas igual cada semana, podemos estudalo.
Copiar datos entre aplicacións, responder sempre o mesmo ou lembrar a quen lle falta unha resposta ocupa tempo que poderías dedicar aos teus clientes. Deseñamos automatizacións á medida que conectan as ferramentas do teu negocio. Utilizamos n8n, Make e intelixencia artificial cando achegan valor, cun obxectivo concreto: quitar traballo repetitivo e evitar que se perdan oportunidades por falta de seguimento.
Quero automatizar o meu negocioDo proceso que che pesa a un sistema que che axuda
- 01
Vemos o traballo real
Ensínasnos que pasa desde que chega unha petición ata que queda resolta. Identificamos pasos repetidos, datos que se copian, esperas e erros frecuentes.
- 02
Escollemos que conectar
Revisamos correo, formularios, calendario, CRM, follas de cálculo ou software de xestión. Escollemos n8n, Make ou outra integración segundo as túas ferramentas, o volume e as necesidades do proceso.
- 03
Construímos coas túas regras
Definimos que inicia o fluxo, que datos necesita e que fai en cada caso. Cando unha decisión require o teu criterio, a automatización preséntache a información e agarda a túa aprobación.
- 04
Probamos e axustamos
Comprobamos casos habituais e excepcións antes de poñelo a traballar. Acordamos como detectar fallos e como revisar o resultado cando cambien as túas necesidades.
O aforro está en deixar de repetir
Tempo que volve ao teu negocio
Menos minutos pasando información dunha pantalla a outra e perseguindo tarefas pendentes.
Oportunidades mellor atendidas
Unha petición pode quedar rexistrada, asignada e preparada para o seguimento, sen depender de que alguén lembre facelo.
Información máis ordenada
Os datos chegan ao lugar axeitado e o equipo sabe que se fixo e que queda pendente.
Tres exemplos de automatización útil
Do formulario ao seguimento comercial
Unha solicitude web crea o contacto no teu CRM, avisa á persoa responsable e prepara a resposta. Se non hai avances, xera un recordatorio de seguimento.
Orzamentos con menos traballo manual
Os datos dunha solicitude enchen un borrador de orzamento. Ti revisas os importes e as condicións antes de envialo, e o sistema rexistra o estado.
Pedidos que avanzan sen copiar datos
Un pedido confirmado actualiza o rexistro de traballo, avisa ao equipo e prepara unha mensaxe co estado para o cliente. As excepcións chegan á persoa axeitada.
Preguntas frecuentes
Necesito saber usar n8n ou Make?
Non. Nós deseñamos e configuramos o fluxo. Ensinámosche o necesario para revisar a súa actividade e xestionar as decisións que che correspondan.
Pódese conectar calquera aplicación?
Depende das integracións e dos permisos que ofreza. Comprobámolo antes de definir o alcance; se hai limitacións, explicámosche as alternativas.
Como sabemos se compensa?
Partimos da frecuencia da tarefa, do tempo que consume e dos erros que provoca. Escollemos unha primeira mellora que poidas valorar con datos do teu propio negocio.
Cóntanos que tarefa se repite demasiado
Estudamos o proceso e propoñémosche unha automatización cun alcance claro. Podemos empezar por unha soa tarefa.
Cóntanos o teu casoIdeas para aplicar no teu negocio
Seguimento de presupostos: automatizar ou contratar máis persoal
Cando os presupostos enviados quedan sen resposta, hai dous camiños: contratar a alguén para chamar e insistir, ou montar un sistema que o faga só. Comparamos custos e límites reais de cada opción.
Clientes durmidos: como recuperalos sen persegui-los un por un
A maioría dos negocios teñen unha lista de clientes que deixaron de vir e ninguén chama. Aquí explicamos como detectalos e reactivalos con automatización, sen que o dono teña que escribir mensaxe por mensaxe.
Robots atendendo o WhatsApp? Levan aquí 3 anos e case ninguén se decatou
A automatización en WhatsApp non é unha novidade de 2024: a porta abriuse coa Cloud API en 2022 e casi nadie se fixou en cantas conversas xa as leva un bot ben feito.